Únete ao futuro ecolóxico e sostible

title-1
Preto de ti

En Vigo, a 5 minutos da praza de España, poderás achegarte andando, en bus ou co coche. Visible dende o balcón da Alameda Andrés Gaos, na estrada Provincial, e accesible dende a 3ª travesía da Salgueira

Consulta o mapa aquí

title-2
Sen esforzos

Terás un terreno xa preparado para comezar a plantar, e non precisarás mercar ningunha ferramenta, no Pemento Valoroso terás as que necesites usar en calquera momento.

Os horarios os fixas ti, poderás vir cando queiras dende o amencer ata o ocaso.

title-3
Comparte

O cultivo é unha actividade perfecta para facer en familia ou con amigos, ensinando aos máis cativos ou aprendendo dos maiores. Temos ferramentas para os nenos, así como cursos para todas as idades.

Collede unha horta entre varios e compartide os froitos e as tarefas!

title-4
Por moi pouco

Dende menos de 10€ ao mes terás 25 m2 para a túa hortiña, mais poderás aumentar o tamaño segundo precises (50, 75, 100m2…)

E ademáis lembra que con todo o que cultives, aforrarás na lista da compra diaria, e desta vez, sabendo ben o que comes.

O Pemento Valoroso son as novas hortas urbanas na cidade de Vigo, para que teñas un ocio diferente, co que obter as túas propias verduras e hortalizas e desfrutar dun xeito ecolóxico das experiencias tradicionas da nosa terra. Un pequeno pulmonciño verde para ti no centro da cidade.