26 jun

Cabaciño express

Cabaciño04

Cabaciños

Os cabaciños xa están a encher a horta. E que facemos con tantos como saen? Existen infinidade de recetas que pouco a pouco irémovos ensinando, dende rechealos e hornealos, incluílos en pistos, pizzas etc. Mais a mair partes destas recetas requiren un certo tempo e planificación, por iso amosamos hoxe, para que non a coñeza, unha das formas máis doadas de desfrutalo na casa

Cabaciño express

Ingredientes
Cabaciño
Fariña
Aceite
Sal

Paso a paso
1. Cortar o cabaciño en lonchas finiñas
2. Pasar as lonchiñas por fariña
3. En aceite ben quente, fritir o cabaciño coma se foxen patacas fritas
4. Sacar da sartén, quitar o exceso de aceite cun papel absorvente e sazonar.

Cabaciño01 Cabaciño02
Cabaciño03 image

Cruxientes e doadisimo de preparar, para acompañar calquer plato, para cambiar o sustituir as patacas fritas. Un xeito sinxelísimo de degustar estes froitos tan agradecidos^^

25 may

Estreamos galería

Frorecendo nas hortas

Anunciar que xa temos dispoñible unha pequena galeria que iremos completando pouco a pouco, para que vexades o que se vai facendo nas hortas. O enlace o tendes no menu superior, e aqui tendes unha mostra da mesma ^^

21 abr

Nacemento do proxecto

Xa vai sendo hora de compartir convosco cal é a idea deste tolo proxecto, e como pouco a pouco foi collendo forma.

Como sabedes, o entorno de Vigo está cheo de verde, na súa maioria casas unifamiliares cos seus pequenos xardíns, que ocuparon os antaños prósperos campos de cultivo. Aínda que estas familias en moitas ocasións seguén a cultivar as súas pequenas hortas, moitas son as que transformaron a súa vida en máis urbana, e abandoaron as prácticas doutros tempos. E mentres, os fértiles campos aínda sen construir, quedan cheos de herbas para disfrute de ninguén.

Nunha sociedade que actualmente intenta voltar cara as tradicións, que bota en falta o contacto coa natureza do que gozaban os nosos antergos, na que o boom do ecolóxico ven asociado a unha maior saude e calidade de vida, etc; nese contexto, e onde “O Pemento Valoroso” viu que podía botar unha man a cidade.

OPV-Antes

As fincas abandonadas (2008) – Street View

Deste modo, unha das múltiples fincas, noutros tempos produtivas e hoxe abandonadas, volve a ser recuperada para disfrute dos veciños, podendo vivir nos seus edificios mais mantendo, como marca a tradición, a horta a pé da casa.