26 jun

Cabaciño express

Cabaciños

Os cabaciños xa están a encher a horta. E que facemos con tantos como saen? Existen infinidade de recetas que pouco a pouco irémovos ensinando, dende rechealos e hornealos, incluílos en pistos, pizzas etc. Mais a mair partes destas recetas requiren un certo tempo e planificación, por iso amosamos hoxe, para que non a coñeza, unha das formas máis doadas de desfrutalo na casa

Cabaciño express

Ingredientes
Cabaciño
Fariña
Aceite
Sal

Paso a paso
1. Cortar o cabaciño en lonchas finiñas
2. Pasar as lonchiñas por fariña
3. En aceite ben quente, fritir o cabaciño coma se foxen patacas fritas
4. Sacar da sartén, quitar o exceso de aceite cun papel absorvente e sazonar.

Cabaciño01 Cabaciño02
Cabaciño03 image

Cruxientes e doadisimo de preparar, para acompañar calquer plato, para cambiar o sustituir as patacas fritas. Un xeito sinxelísimo de degustar estes froitos tan agradecidos^^