21 abr

Nacemento do proxecto

Xa vai sendo hora de compartir convosco cal é a idea deste tolo proxecto, e como pouco a pouco foi collendo forma.

Como sabedes, o entorno de Vigo está cheo de verde, na súa maioria casas unifamiliares cos seus pequenos xardíns, que ocuparon os antaños prósperos campos de cultivo. Aínda que estas familias en moitas ocasións seguén a cultivar as súas pequenas hortas, moitas son as que transformaron a súa vida en máis urbana, e abandoaron as prácticas doutros tempos. E mentres, os fértiles campos aínda sen construir, quedan cheos de herbas para disfrute de ninguén.

Nunha sociedade que actualmente intenta voltar cara as tradicións, que bota en falta o contacto coa natureza do que gozaban os nosos antergos, na que o boom do ecolóxico ven asociado a unha maior saude e calidade de vida, etc; nese contexto, e onde “O Pemento Valoroso” viu que podía botar unha man a cidade.

OPV-Antes

As fincas abandonadas (2008) – Street View

Deste modo, unha das múltiples fincas, noutros tempos produtivas e hoxe abandonadas, volve a ser recuperada para disfrute dos veciños, podendo vivir nos seus edificios mais mantendo, como marca a tradición, a horta a pé da casa.